Galerías

Unha cunca de caldo de gloria con pan de millo

Éxito da degustación de ‘Caldo de gloria’ en Rois con motivo do Día de Rosalía

  • Participaron nove locais de hostalaría do municipio, aos que o alcalde, Ramón Tojo, agradece o “grande esforzo por honrar á figura máis senlleira da literatura galega”
  • O Centro de Día de Urdilde sumouse á proposta introducindo o simbólico prato no seu menú diario
  • O mal tempo obrigou a adiar a ofrenda floral e a andaina para escolares, mentres que segue adiante o concurso en Facebook

A Asociación de Amas de Casa, triunfadora no concurso de Entroido de Rois que xuntou máis de 200 persoas disfrazadas

  • Gañaron na categoría de comparsa con máis de 13 membros e levaron tamén o I Trofeo ao espírito entroido
  • ‘La Perla Negra’ e ‘Lavandería os amigos’, primeiro premio nas comparsas infantil e adultos con menos de doce membros
  • ‘Moucho’, ‘Arrecife’ e a ‘Fábula do raposo tras a galiña’ foron os mellores disfraces no resto de categorías

Rois celebrou o 25N cunha andaina polo respecto e a presentación do libro ‘Eutimia’

  • Ramón Tojo e Mercedes Basante manifestaron o rexeitamento total do Concello contra a violencia machista, “unha lacra que debemos erradicar da sociedade”
  • Representantes das asociacións de mulleres do municipio leron pasaxes da novela de María Aboy e o OCT Chorima fixo unha regueira cunha pasaxe do mesmo
  • O día 14 constitúese a Mesa municipal de coordinación contra a violencia de xénero