Podio xeral feminino

Jessica Varela e Roberto García, ambos do club Tribu Trail, foron os gañadores da primeira edición do trail Montes do Oleirón que organizou esta mañá o Concello de Rois por un circuíto “moi fermoso, pero duro” que pasou por A Pontenova, Cornes, O Aído, Reibó, a caseta do monte de Santa Icía e a aldea de Abelende antes de voltar a Rois. No trail participaron 106 atletas, 16 delas mulleres, e na andaina non competitiva tomaron a saída máis de 200 persoas, tamén con moita presenza feminina.

Roberto García fixo os 21 quilómetros de percorrido (con máis de mil metros de desnivel) en 1:45:58. Detrás del na meta entraron Yago Breijo (1:52:48) e Xosemaría Rodríguez (1:52:52). Na categoría feminina, Jessica Varela completou o percorrido en 2:22:27, seguida de Fina Blanco (2:32:02) e Patricia Sáez (2:33:55).

Na clasificación por equipos o gañador foi o Tribu Trail. Tamén subiron ao podio o CDM Vértice e o CDM Xesteiras. Marcos Mayo, cun tempo de 2:07:48, foi o mellor atleta local.

O alcalde, Ramón Tojo, estivo presente na saída das dúas probas. Na entrega de trofeos participaron os concelleiros do equipo de goberno José Luís Ares, Iván Fernández, José Manuel López e Antonio Esparís.

Jessiva Varela e Roberto García levaron como premio unha estatuílla de madeira tallada polo artista roisense Camilo Seira. Os demais atletas que subiron ao podio levaron tamén unha talla de madeira feita por persoas usuarias da Asociación Amipa.

Para a organización desta proba, o Concello de Rois contou coa colaboración da Deputación da Coruña, Agronovo, Agroesparís, Casa Berjamín, Panadería San José, Gadis e Froiz. Tamén colaboraron as asociacións veciñais de San Lourenzo de Seira e Travadoiro, a comisión de festas de Urdilde e do CPI dos Dices. O alcalde traslada o seu agradecemento a todas as persoas voluntarias que se implicaron coa proba, dun xeito especial a Manuel Ces e ao seu equipo, que foi quen deseñou o circuíto e se implicou coa súa sinalización e limpeza.

A clasificación por categorías, ademais das xa mencionadas, quedou do seguinte xeito:

Absoluta feminina:  Rosa López, Alba Midón e Andrea Vázquez.

Absoluta masculina: Miguel Carballo, Jonathan Pérez e Adrián López

Veteranas A feminino: Raquel Salgueiro, Paula Paz e Marisa Lodeiro

Veteráns A masculino: Víctor Maneiro, Fernando Lorenzo e Alberto CarouVeteráns B masculino: José Manuel González, Manuel Vieites e Salvador Boo.