Territorio ciclista

Queres pedalear por estradas pouco transitadas ou por carreiros ao pé dos ríos?

Ven a Rois

O termo municipal de Rois conta con terreos ideais para practicar todo tipo de ciclismo. Desde estradas solitarias e chás para pedalear con calma a pequenos portos ou duras ramplas para poñerse a proba nas subidas. Tamén carreiros ao pé dos ríos nos que gozar da bicicleta de montaña. Todas as opcións están abertas en apenas uns quilómetros cadrados.

Con estas condicións xeográficas ideais non é estraño que Rois sexa o berce de figuras do deporte das dúas rodas como os ciclistas Suso Blanco Villar ou Martín Bouzas e as triatletas Inés e Carla Castaño.