Instalacións deportivas

O Concello de Rois dispón dun amplo abano de equipamentos e instalacións para a práctica deportiva.

A veciñanza pode gozar de infraestruturas deportivas ao aire libre nas parroquias de Seira, Oín, Urdilde, Herbogo e Augasanta; e con tres parques biosaludables nos Dices (Rois), Urdilde e O Sisto (Ribasar).

O Concello pon a disposición dos clubs de fútbol de Rois os campos de fútbol do Pino (Urdilde) e da Braña (Seira).

Rois conta tamén cunha importante infraestrutura deportiva privada destinada á práctica do golf, que pertence ao Club de Golf Val de Rois.