Auditorio Municipal de Rois

Canto levamos vivido e canto nos queda por vivir!

O Auditorio Municipal de Rois forma parte de todas e todos nós, porque neste lugar asistimos a representacións de compañías de teatro profesionais e afeccionadas; a concertos de músicos consagrados e doutros que están a formarse na Escola de Música e comparten as súas aprendizaxes en concorridos festivais; a espectáculos familiares cos que iniciarnos como espectadores e espectadoras das artes escénicas; a cursos e conferencias que amplían a nosa visión do mundo… Experiencias que nos unen a este espazo con lazos invisibles pero firmes.

No Auditorio Municipal de Rois hai sitio para todas e todos. Situado no edificio multiúsos, ten unha capacidade de 143 butacas. Conta cunha programación estable e diversa, canto á tipoloxía de actividades e ao público ás que se dirixen, ao longo de todo o ano: artes escénicas, cine, xornadas, conferencias…; ademais, ofrece a posibilidade de ser alugado, para o cal é preciso cubrir o seguinte formulario.

Características técnicas do equipamento

Escenario

  • Dimensións: 800 x 500 x 350 (ancho x fondo x alto en cm)
  • Pano: Si. Tamén pano de fondo
  • Acceso de carga a 1 metro do escenario

Iluminación

  • Truss frontal fixo de aluminio con 4 pcs de 1000W cada un
  • Mesa de luces de 24 canais de preset, asignables a 512 canles DMX

Sistema de amplificación de sala

  • 2 Bafles autoamplificado, 12″ + motor 300+100W
  • 2 Subgrave autoamplificado 15″ 500W
  • Dimmer de 6 canais de 30000W cada un
  • Mesa de son de 16 canais, 6 buses e efectos dixitais internos

Equipo de proxección

  • pantalla eléctrica de 305 x 263 cm
  • proxector láser de 5000 lumens

Camerinos

  • camerinos unisex con cuarto de baño, duchas e espellos situados na parte inferior do escenario

Contacto

Edificio Multiúsos de Rois