Achegando Rois a Europa
O Concello de Rois quere ser parte activa na construción dunha Unión Europea máis unida e na que todos os pobos se sientan partícipes para lograr un futuro mello e máis solidario. Por este motivo, o Concello promove e participa en diferentes programas europeos, entre os que figura o proxecto Voces europeas desafían o euroescepticismo.
Contribuír a que os cidadáns comprendan mellor a Unión Europea, a súa historia e a súa diversidade, e lograr unha maior implicación e participación da cidadanía no futuro da UE, loitando contra o euroescepticismo, é un dos obxectivos que persegue o proxecto presentado polo Concello de Rois que foi aprobado en Bruselas e no que participaran representantes dos 27 países da UE.
A Comisión Europea seleccionou 22 dos 147 proxectos presentados dentro do programa ‘Europe for Citizens’ (Europa para os Cidadáns). ‘As voces europeas desafían o euroescepticismo’ foi a proposta presentada polo Concello de Rois e a única aprobada en Galicia pola Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (Eacea), dentro da subacción Redes de Cidades. O Concello de Rois, que preside Ramón Tojo Lens, recibiu 150.000 euros para estimular e facilitar unha maior implicación dos cidadáns na Unión Europea e o que esta representa, conseguindo que participen máis nos asuntos correntes e coñezan mellor a historia da UE. Trátase, en definitiva, de mellorar as condicións para a participación cidadá e democrática a nivel da Unión Europea.
Este proxecto desenvolveuse en catro encontros celebrados en Rois, Hungría, Malta e Grecia ao longo de 2021 e 2022. Nos seguintes enlaces podes atopar as novas publicadas na web do Concello de Rois e descargar os arquivos coa memoria deste proxecto.
Enlaces ás novas
Victoria Quiroga clausura en Grecia o encontro contra o euroescepticismo liderado por Rois
Rois participa en Hungría nun encontro do proxecto que lidera contra o euroescepticismo
O alcalde de Rois participou en Malta no segundo encontro europeo contra o euroescepticismo
Un total de 15 concellos e 12 entidades europeas asinan un pacto de irmandamento en Rois
Rois reúne a representantes de 27 países para construír máis Europa e retar o euroescepticismo
Ramón Tojo: “En Rois apostamos por unha Europa unida e forte na que todos teñamos cabida”
O proxecto de Rois contra o euroescepticismo, único galego aprobado por Bruxelas