Como chegar

Chegar a Rois é moi doado dende calquera punto de Galicia

O aeroporto máis próximo é o de Lavacolla en Santiago, a 40 quilómetros. As vías principais de acceso por estrada son a N-550, que une Compostela con Pontevedra, e a AG-56, que vai de Santiago e Noia. Se vés pola autoestrada do Atlántico AP-9, que vertebra Galicia de norte a sur, hai que tomar a saída 93 cara a Ribeira.

A só dez minutos en coche atópase a estación de tren de Padrón, mentres que os portos máis cercanos localízanse en Noia, a só 20 quilómetros.