Contacto
Concello de Rois
Oficina municipal de Servizos Sociais
Rois é un concello igualitario, integrador das diversidades, atento coas persoas maiores, socialmente responsable e solidario: a nosa prioridade é satisfacer as necesidades básicas das persoas e das familias.
Os Servizos Sociais municipais son a porta de entrada para as demandas persoais e familiares. Cada unha delas é valorada de maneira personalizada para buscar a solución mais acaída á necesidade social que se demanda, dinamizando os recursos comunitarios existentes.
Ofrecemos orientación para acceder aos recursos sociais e de apoio económico aos que se poida ter dereito a fin de atopar solucións ás distintas problemáticas persoais ou familiares. Axuda no fogar, educación familiar, inserción social, voluntariado, muller, terceira idade, discapacidade ou drogodependencias son algúns dos programas nos que se traballa desde o departamento de Servizos Sociais.
Noticias: Servizos Sociais

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para máis de 30 actividades deportivas, culturais e de conciliación do curso 2026-2027
Noticias Servizos Sociais Educación, Cultura e Xuventude Deportes- As solicitudes poderán presentarse ata o 28 de agosto a través dos formularios dispoñibles en www.rois.gal
- A programación incorpora como novidades zumba júnior, ciencia divertida e robótica educativa para a cativada e mantén os servizos de amencer e ludoteca para favorecer a conciliación

Aberto o prazo extraordinario de inscrición no Punto de Atención á Infancia de Urdilde para o curso 2026/2027
Noticias Servizos Sociais- As solicitudes poderán presentarse do 1 ao 15 de xullo, tanto a través da sede electrónica como na área de Servizos Sociais do Concello de Rois
Nomeamento definitivo de director/a e monitorado do programa Diververán 2026
Noticias Servizos Sociais Ofertas de emprego
Familias de Rois poderán usar o novo Bono Cultura municipal para pagar o campamento de verán
Noticias Servizos Sociais Educación, Cultura e Xuventude- Contempla unha axuda máxima de 150 euros anuais por menor
- Poderase aplicar tamén noutras actividades socioculturais puntuais que non estean subvencionadas polo Concello
- É imprescindible estar empadroado no municipio
- A solicitude presentarase de xeito telemático na sede electrónica

Pilar Freire Esparís anima ás novas xeracións “a manter todo o acadado en materia de igualdade e a seguir loitando por novos avances”
Noticias Servizos Sociais- O alcalde, Ramón Tojo, entregoulle esta tarde o III Premio 8M do Concello de Rois no auditorio municipal
- Profesora de Historia Económica na USC é un referente na investigación por visibilizar o tempo e o traballo da muller
- A USC premiouna por introducir a perspectiva de xénero na investigación e na docencia
- Dedicoulle o galardón as súas familias, as súas fillas e aos seus netos

O PAI de Rois abre prazo matrícula do 1 ata o 20 de marzo para recibir aos menores en abril
Noticias Servizos Sociais- Neste primeiro curso terán preferencia para acceder ao centro os menores empadroados en Rois
- As primeiras crianzas entrarán no centro o 7 de abril, despois das vacacións de Semana Santa
- A empresa Aurora, Pilar y Ana SL foi a adxudicataria na licitación establecida polo Concello e xestionará o PAI
















