Toquemos todas e todos xuntos!
En Rois temos un compromiso coa aprendizaxe da música como linguaxe universal e como forma de expresión das emocións. Por iso, no ano 2006 apostamos pola creación da Escola de Música Municipal e a día de hoxe somos un referente cultural na comarca con preto de cen alumnos e alumnas matriculados cada curso. Cando hai desexo de aprender non hai límites de idade. Todas e todos sodes benvidos!
Tes entre 3 e 7 anos?
Podes bailar, cantar e tocar con música e movemento.
Tes máis de 8 anos?
Podes traballar o ritmo musical, a entoación e a teoría en linguaxe musical, ao tempo que aprendes a tocar un instrumento, para máis tarde pasar a formar parte da banda de música, de agrupacións de música de cámara e das demais agrupacións da Escola.
Tes máis de 12 anos?
Desde o curso 2020-21 impartimos a materia de harmonía e creación musical.
Que instrumento queres elixir?
Ofrecémosche clases de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, acordeón, guitarra, baixo eléctrico, piano, percusión, batería e canto.
Ademais
Na ESMU de Rois poderás preparar o teu ingreso no Grao Profesional do Conservatorio, asistir a concertos didácticos ou participar en festivais e nos intercambios musicais con outras escolas.
Formulario de matrícula na Escola Municipal de Música de Rois