Ramón Tojo Lens. Alcalde do Concello de Rois

Saúda do alcalde

Recibe a miña benvida á páxina web do Concello de Rois.

Este sitio pretende dar servizo tanto á veciñanza do municipio como a aquelas persoas que nos visitan. No primeiro dos casos, o portal web permite coñecer toda a actualidade, os programas e actividades e o funcionamento do Concello de Rois, facilitando os trámites e informando do que acontece dentro da institución. É, polo tanto, unha ferramenta imprescindible na relación entre consistorio e cidadanía, e unha xanela que busca dar a máxima transparencia á xestión do día a día.

No segundo caso, quen desexe visitar Rois atopará aquí información práctica sobre as nosas parroquias, as nosas festas, os nosos monumentos e as nosas tradicións. O rico e variado patrimonio etnográfico, cultural e arquitectónico combínase en Rois cunha importante oferta turística, gastronómica e deportiva, facendo do noso concello un gran destino para os amantes da natureza. A web do Concello quere ser, ademais de ventá, escaparate de todo o que pode ofrecerlle ao mundo esta fértil veiga á beira do río Sar.

Con esta páxina web o Concello de Rois quere utilizar as novas tecnoloxías en favor da transparencia. Espero sinceramente que esta sexa unha ferramenta útil para ti.

Un cordial saúdo

Ramón Tojo Lens
Alcalde de Rois