Educación, Cultura, Xuventude

Queremos dinamizar a vida social e cultural do noso concello. E con ese obxectivo sempre en mente traballamos desde a área de Educación, Cultura e Xuventude.

conciliación

implicándonos na conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas.

educación

apoiando a formación que se imparte nos centros escolares, sempre en sintonía coas necesidades e intereses de toda a comunidade educativa.

conservación

difundindo e dando a coñecer o noso rico patrimonio.

equipamentos

coidando os equipamentos educativos e culturais e xestionando o seu uso para facelos accesibles a toda a cidadanía.

actividades

programando durante o curso actividades culturais, artísticas e de ocio nas que todas e todos temos cabida.

espectáculos

organizando acontecementos que animen a relacionarnos e gozar da cultura, como as festas de Nadal e do Entroido, o Rois NaturFest, o Día de Rosalía, o Camiño das Letras, o TeatROIS e a Mostra de Teatro ou o Serán da Lingua, entre moitos outros exemplos que fan do noso municipio un concello amigo da cultura.

asociacións

colaborando estreitamente coas asociacións do municipio, sempre implicadas e capaces de converter en festa rachada un Entroido ou de facer que #ACulturaDispersaPorRois non pare nin en tempos difíciles.

intercambios

promovendo intercambios para darnos a coñecer no mundo e para aprender doutras experiencias.

… e moito máis!

Que precisas?

Mellorar o teu inglés ou o teu manexo coas novas tecnoloxías? Aprender a tocar algún instrumento? Talvez expresarte a través da arte ou do teatro? Dende o Concello de Rois deseñamos unha completa programación de actividades anual para todas as idades e para todo tipo de persoas. Ademais, contamos co factor humano que dota de vida e acción uns equipamentos excepcionais: o auditorio, a escola de música ou a biblioteca son só algúns exemplos deses lugares nos que se desenvolve o talento local.

Noticias: Educación, Cultura e Xuventude

Xoves, 03 Setembro 2026

Rois publica as listaxes provisionais das actividades municipais para o curso 2026/27

Noticias Servizos Sociais Educación, Cultura e Xuventude Deportes
  • As solicitudes poderán presentarse ata o 28 de agosto a través dos formularios dispoñibles en www.rois.gal
  • A programación incorpora como novidades zumba júnior, ciencia divertida e robótica educativa para a cativada e mantén os servizos de amencer e ludoteca para favorecer a conciliación
Martes, 25 Agosto 2026

A Biblioteca Municipal de Rois amplía os seus fondos con novas lecturas para todas as idades

Noticias Educación, Cultura e Xuventude
  • A selección incorpora obras de misterio, narrativa contemporánea e novela histórica, ademais de novos títulos infantís e xuvenís
  • María Oruña, Manel Loureiro, Freida McFadden, Manuel Vilas, Manuel Jabois ou Delphine de Vigan figuran entre os autores escollidos
  • A adquisición enmárcase na convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para renovar as coleccións das bibliotecas públicas
Venres, 07 Agosto 2026

Rois organiza unha excursión familiar ao parque de dinosauros Terra Nublar o 5 de setembro

Noticias Educación, Cultura e Xuventude
  • A actividade permitirá coñecer en Outeiro de Rei un espazo prehistórico con dinosauros animatrónicos a tamaño real
  • A saída está dirixida a familias con menores e tamén poderán participar nenos e nenas a partir de 8 anos sen acompañamento familiar
  • O prezo é de 10 euros por persoa e inclúe o transporte en autobús, a entrada ao parque e o seguro da actividade
  • As inscricións poderán realizarse do 10 ao 28 de agosto e as prazas adxudicaranse por orde de recepción
Xoves, 18 Xuño 2026

A Escola municipal de música de Rois abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027

Noticias Educación, Cultura e Xuventude
  • As inscricións poderán realizarse en liña entre o 18 de xuño e o 10 de xullo
  • A oferta formativa inclúe ensino musical para nenos e nenas desde os 3 anos e para persoas adultas, con especialidades instrumentais, canto e agrupacións
  • A ESMU incorpora este curso dúas materias diferenciadas de harmonía, unha centrada na música clásica e outra orientada á música moderna e actual