Parroquias

“Un territorio por descubrir”

Unhas 4.500 persoas habitan os 110 lugares distribuídos en 12 parroquias.
Cifras que falan dun territorio vivo e vital por descubrir.

Rois nace como concello no século XIX. De feito, a Deputación da Coruña publicaba o 15 de xuño de 1836 a relación definitiva de concellos da provincia, figurando ademais das parroquias o número de veciños e veciñas. En tal publicación Rois aparece coas doce parroquias actuais e cunha poboación de 5.673 habitantes.

Nunha superficie próxima aos 93 quilómetros cadrados, o concello de Rois conta cun total de 4.505 habitantes, segundo o censo de poboación publicado polo Instituto Nacional de Estatística en xaneiro de 2020. As doce parroquias do municipio son Augasantas, Buxán, Costa, Ermedelo, Herbogo, Leroño, Oín, Ribasar, Rois, Seira, Sorribas e Urdilde.

Listado de lugares por parroquia