Multimedia

Podes ver os vídeos do Concello de Rois na nosa canle de Youtube

A veciñanza gozou cos concertos de solistas da Escola Municipal de Música de Rois

O Auditorio municipal acolleu esta fin de semana os dous concertos de solistas protagonizados polo alumnado e o profesorado da Escola de Música de Rois.

A veciñanza gozou cos recitais individuais dos diferentes instrumentos que están aprendendo a tocar

O sábado 24 foi a quenda dos intérpretes de vento madeira, vento metal, percusión e piano e o domingo 25 dos de corda fretada, corda punteada, piano e canto. >

O caldo de gloria triunfa nos locais de hostalería que apoiaron a iniciativa do concello de Rois

  • Clientes dos bares e restaurantes Campo de Golf, O Pemento, Rafa, A Lúa, Benjamín, Angueira, A Casiña, Venezuela, Camiño do Mar e Fogar do Selmo conmemoraron o Día de Rosalía degustando o caldo con pan de millo da panadería San José
  • As persoas usuarias do centro de día agasallaron á concelleira Mercedes Basante tamén con bolos do pote e cantáronlle un poema de Rosalía

A Asociación de Amas de Casa, triunfadora no concurso de Entroido de Rois que xuntou máis de 200 persoas disfrazadas

  • Gañaron na categoría de comparsa con máis de 13 membros e levaron tamén o I Trofeo ao espírito entroido
  • ‘La Perla Negra’ e ‘Lavandería os amigos’, primeiro premio nas comparsas infantil e adultos con menos de doce membros
  • ‘Moucho’, ‘Arrecife’ e a ‘Fábula do raposo tras a galiña’ foron os mellores disfraces no resto de categorías