Multimedia

Podes ver os vídeos do Concello de Rois na nosa canle de Youtube

Once locais de hostalería celebran co Concello de Rois o Día de Rosalía repartindo gratis unha tapa de Caldo de Gloria

  • Repartíronse un milleiro de pousavasos cun verso da escritora e máis de 2.000 manteis conmemorativos tamén nos centros educativos, en Amipa e no Centro de día de Urdilde

Once locais de hostalería celebran co Concello de Rois o Día de Rosalía repartindo gratis unha tapa de Caldo de Gloria Ler máis »

Cheo no auditorio municipal para asistir ao Concerto de Nadal da Escola de Música de Rois

  • A cativada de música e movemento abriu as actuacións co popular tema ‘Navidad’
  • A Orquestra de Cordas e o Coro Peques pecharon o programa coa panxoliña ‘Falade ben baixiño’
  • O público puido escoitar ao conxunto que actuou este ano no intercambio en Portugal

Cheo no auditorio municipal para asistir ao Concerto de Nadal da Escola de Música de Rois Ler máis »

O alumnado da ESMU de Rois completa o intercambio a Portugal tras catro xornadas cheas de aprendizaxe, convivencia e música

  • O grupo de 17 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música acudiu a Vila Nova de Santo André, no concello portugués de Santiago do Cacém
  • Compartiron ensaios, visitas culturais e un concerto coa Academia de Música local
  • A orquestra lusa ten previsto visitar Rois o próximo mes de abril

O alumnado da ESMU de Rois completa o intercambio a Portugal tras catro xornadas cheas de aprendizaxe, convivencia e música Ler máis »

A veciñanza gozou cos concertos de solistas da Escola Municipal de Música de Rois

O Auditorio municipal acolleu esta fin de semana os dous concertos de solistas protagonizados polo alumnado e o profesorado da Escola de Música de Rois.

A veciñanza gozou cos recitais individuais dos diferentes instrumentos que están aprendendo a tocar

O sábado 24 foi a quenda dos intérpretes de vento madeira, vento metal, percusión e piano e o domingo 25 dos de corda fretada, corda punteada, piano e canto. >

A veciñanza gozou cos concertos de solistas da Escola Municipal de Música de Rois Ler máis »

O caldo de gloria triunfa nos locais de hostalería que apoiaron a iniciativa do concello de Rois

  • Clientes dos bares e restaurantes Campo de Golf, O Pemento, Rafa, A Lúa, Benjamín, Angueira, A Casiña, Venezuela, Camiño do Mar e Fogar do Selmo conmemoraron o Día de Rosalía degustando o caldo con pan de millo da panadería San José
  • As persoas usuarias do centro de día agasallaron á concelleira Mercedes Basante tamén con bolos do pote e cantáronlle un poema de Rosalía

O caldo de gloria triunfa nos locais de hostalería que apoiaron a iniciativa do concello de Rois Ler máis »