Deportes

A actividade física é clave para unha mellor calidade de vida. Por iso, un dos obxectivos do Concello de Rois é fomentar a práctica deportiva e ofrecer alternativas saudables de ocio para a veciñanza, dende escolares ata persoas maiores ou con discapacidade.

Que deporte queres practicar?

Desde a área de Deportes deseñamos unha programación inclusiva, pensada para todas as idades e para todo tipo de persoas, e contamos con espazos axeitados para practicala. As escolas deportivas municipais teñen por lema o traballo en equipo e, cando as cousas se torcen, como cando a Covid-19 nos confinou nas nosas casas, as monitoras e monitores arriman o ombro para ofrecer as súas clases na rede.

Judo, ximnasia rítmica, patinaxe artística, tenis, pilates, ioga, zumba ou ximnasia de mantemento son algunhas das actividades da programación deportiva anual. Pero non son únicas: desde o Concello tamén se organizan eventos puntuais como o Día da Bicicleta e colabórase activamente cos clubs e agrupacións locais. Rois acolle torneos de fútbol e de golf, probas de mushing, enduro, ciclismo, pesca ou sendeirismo e é terra de deportistas de elite como Suso Blanco Villar, Martín Bouzas, Xurxo Neo ou as irmás Inés e Carla Castaño. Tes onde escoller!

Noticias: Deportes

Venres, 07 Agosto 2026

Rois celebra o XXI Día da Bici o 12 de setembro cun percorrido de 11 quilómetros

Noticias Deportes
  • A marcha sairá ás 17.00 horas do polideportivo municipal e contará cun punto de avituallamento na praia fluvial
  • As inscricións serán gratuítas e poderán formalizarse entre as 15.45 e as 16.45 horas
  • Ao finalizar sortearanse agasallos e unha bicicleta entre as persoas participantes
  • A organización recoñecerá os ciclistas de maior e menor idade
Xoves, 30 Xullo 2026

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para máis de 30 actividades deportivas, culturais e de conciliación do curso 2026-2027

Noticias Servizos Sociais Educación, Cultura e Xuventude Deportes
  • As solicitudes poderán presentarse ata o 28 de agosto a través dos formularios dispoñibles en www.rois.gal
  • A programación incorpora como novidades zumba júnior, ciencia divertida e robótica educativa para a cativada e mantén os servizos de amencer e ludoteca para favorecer a conciliación
Luns, 18 Maio 2026

Unhas 350 persoas participaron na VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas

Noticias Deportes
  • A actividade combinou deporte, natureza e divulgación cultural nun percorrido con saída e chegada no polideportivo de Urdilde
  • Os puntos quilométricos incluíron coplas recollidas por Clodio González Pérez no Cancioneiro popular do Concello de Rois
  • O Concello mantén aberto ata o 21 de maio o sorteo dunhas zapatillas de sendeirismo entre as persoas participantes que compartan fotografías da andaina nas redes sociais