A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Rois ocúpase da posta en marcha de proxectos e programas relacionados coa creación de emprego, desenvolvemento local, incremento da actividade empresarial e implantación das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia.
Desde o Concello promóvese a participación de Rois nos programas de emprego financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. É o caso das diferentes edicións do Programa Integrado de Emprego (PIE) Terras de Iria, conveniado cos concellos de Padrón e Dodro, que ten acadado cifras de inserción laboral próximas ao 60%. Tamén dos obradoiros de emprego Xuventude en acción dirixidos á mocidade de Rois, Padrón e Dodro e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.
Nesta sección da páxina web municipal difúndense as ofertas de emprego público e os procesos de contratación de persoal que atinxen ao Concello de Rois.
Contacto
Concello de Rois
Axente de Emprego
Noticias: Ofertas de emprego
Convocatoria para a contratación de director/a e monitores/as de ocio e tempo libre para o Diververán 2026
Ofertas de empregoConvocatoria para a contratación de tres peóns/peoas de albanel ao abeiro do programa PEL-Concello 2026
Ofertas de empregoRois incorpora a unha persoa para as oficinas xerais do Concello ao abeiro do Programa FSE+ Galicia 2021-2027
Ofertas de emprego
Ramón Tojo e a delegada da Xunta clausuran o obradoiro Xuventude Terras de Iria, no que se formaron 15 mozos e mozas da comarca
Noticias Ofertas de emprego- O alcalde agradeceulle o traballo realizado para axudar a promoción turística dos tres concellos
- Belén do Campo lembrou que este programa ábrelle novas portas laborais ao alumnado e destacou a aportación da Xunta superior aos 420.000 euros
- Na clausura participaron os alcaldes de Padrón e o tenente de alcalde de Dodro

O Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-25 logra a inserción laboral do 41% do alumnado
Noticias Ofertas de emprego- A tenente de alcalde, Mercedes Basante, asistiu ao acto de clausura celebrado este luns en Dodro
- Durante nove meses estivéronse formando un cento de persoas dos municipios de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Valga e Catoira
















