18 de decembro de 2023

Faise pública a resolución final do proceso de selección de persoal para o Divernadal 2023-2024, que inclúe a puntuación total obtida polas persoas aspirantes.

Visto o número de nenos e nenas inscritos, faise preciso contratar un/unha monitor/a máis, polo que se procede ao nomeamento de catro monitores/as.

Así mesmo, constitúese unha listaxe de reserva atendendo á puntuación total obtida polas persoas aspirantes.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

11 de decembro de 2023

Faise pública a listaxe de persoas admitidas no proceso de selección de tres monitoras/es de tempo libre para o programa Divernadal 2023-2024. Así mesmo queda fixada a composición do tribunal cualificador e convócase ás persoas aspirantes para a entervista o xoves 14 de decembro de 2023 no horario que pode consultarse no arquivo adxunto, ou premendo neste enlace.

25 de novembro de 2023

Fanse públicas as bases do proceso de selección de tres monitoras/es de tempo libre para o programa Divernadal 2023-2024. A modalidade do contrato será de duración determinada por circunstancias de producción. Dúas das prazas responden a un contrato de cinco horas (de 9.30 a 14.30 horas) e a outra a un contrato de sete horas ao incluír o servizo de amencer (de 7.30 a 14.30 horas).

As bases e as instancias de solicitude (segundo se desexe optar ás praza de cinco horas ou a de sete horas) pódense consultar nos arquivos adxuntos.