Como xa é tradición cada mes de decembro, as Escolas Deportivas Municipais contarán cunha xornada de portas abertas coincidindo co remate do primeiro trimestre de curso.
Entre o vindeiro luns 18 de decembro e o xoves 21, os familiares e as persoas achegadas do alumnado das diferentes modalidades deportivas poderán acceder ás instalacións e ver como se desenvolven os quince últimos minutos de cada clase nos seus respectivos horarios.
As datas e lugares das xornadas de portas abertas son as seguintes:
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS EN ROIS:
Martes 19: Atletismo e ximnasia rítmica.
Mércores 20: Patinaxe artística e xadrez.
Xoves 21: Tenis e baile deportivo.
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS EN URDILDE:
Luns 18: Tenis e xadrez.
Martes 19: Patinaxe artística.
Mércores 20: Baloncesto.
Xoves 21: Judo.
Dende o venres 22 de decembro ata o luns 8 de xaneiro non haberá actividades deportivas debido ás vacacións de Nadal.