Urbanismo e Medio Ambiente

O traballo en materia de planificación urbanística e ordenación territorial vai hoxe en día da man da protección do medio natural. Promover a sostibilidade das actuacións urbanísticas é un dos retos da sociedade actual ao que se suma o Concello de Rois.

Nesta sección da páxina web compartimos os enlaces do Plan xeral de ordenación municipal e dos diferentes instrumentos de ordenación do territorio con incidencia no Concello de Rois, un municipio cunha superficie total de 92,8 km2.

Noticias: Urbanismo e Medio Ambiente

Sábado, 15 Agosto 2026

A Xunta inviste preto de 290.000 euros na mellora de infraestruturas rurais de Rois

Noticias Urbanismo e Medio Ambiente
  • A conselleira do Medio Rural visitou a vía entre Seaxe e Francelos, onde se acondicionaron 1,85 quilómetros cun investimento superior aos 160.000 euros
  • O alcalde, Ramón Tojo, e os concelleiros Manuel Cobas e Iván Fernández acompañaron a María José Gómez na visita ás obras
Mércores, 27 Maio 2026

O Concello cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa para crear un centro de día de persoas con discapacidade intelectual con dez prazas

Noticias Urbanismo e Medio Ambiente
  • A acordo foi adoptado por unanimidade no Pleno extraordinario de hoxe unha vez que tanto esta unitaria como a da Peruca deixan de estar adscritas ao servizo público de educación
  • Aprobada a desafectación inicial dun camiño en Ferreiros a petición dun veciño que fai unha permuta co Concello
  • A Corporación trasládalle o pésame á familia do finado Lois Aldegunde e doa as dietas da sesión á Asociación Galega de ELA
Martes, 26 Maio 2026

O presidente da Xunta avanza que a ampliación da autovía ata Urdilde estará operativa en 2027

Noticias Urbanismo e Medio Ambiente
  • Alfonso Rueda supervisou as obras para ampliar a catro carrís o tramo do corredor Brión-Noia que pasa por Rois
  • O alcalde, Ramón Tojo, resalta que esta infraestrutura mellorará a conexión con Santiago e facilitará a expansión da zona norte de Rois
  • O Goberno galego inviste 11,2 millóns de euros nestes 4,9 km para mellorar a calidade de vida e a seguridade viaria dos máis de 160.000 veciños das áreas de Compostela e Noia-Barbanza