O Concello de Rois rendeulle unha homenaxe ao ex profesor de percusión da Escola de Música, Leo Pimentel, coincidindo co tradicional Concerto de Nadal que se celebrou nun abarrotado auditorio municipal. As familias puideron ver o vídeo resumo do segundo intercambio que se fixo con Letonia o pasado mes de xullo.

Leo Pimentel foi profesor da Escola Municipal de Música de Rois durante moitos anos, ata a súa xubilación. Como esta coincidiu coa pandemia, o Concello agardou ata o concerto do pasado sábado para renderlle unha pequena homenaxe en recoñecemento pola súa dedicación. O alcalde, Ramón Tojo, e a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, entregáronlle ao músico de orixe cubano unha estatuíña na que lle agradecen o traballo que fixo en Rois. Visiblemente emocionado, Leo Pimental agradeceu o detalle e animou aos nenos e nenas a seguir estudando música.

Tras a homenaxe, familias, alumnado e profesorado puideron recordar a viaxe que fixeron a Letonia o pasado mes de xullo, no segundo intercambio internacional que promoveu o Concello de Rois con este país da UE. Victoria Quiroga entregoulle ao alumnado unha foto de recordo da viaxe e, acto seguido, o alcalde deu paso ao vídeo no vídeo resumo da viaxe (pódese ver neste enlace).

Concerto de Nadal

O tradicional Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Rois comezou nesta ocasión coa actuación da Orquestra de cordas, que interpretou dous temas, e co dúo de piano a catro mans. A cativada máis nova que acode a Música e movemento, que interpretou Rodolfo el reno, emocionou ao público presente, que encheu o auditorio municipal.

O Combo do martes, con Katarina Melikhova como cantante, interpretou tres pezas de Fito y los Fitipaldis, Michael Jackson e Queen; e o Combo do xoves tocou Hallelujha, de Leonard Coen.

O Coro Peque animouse este ano a cantar unha panxoliña popular alemana e Mango Song. O concerto rematou co Coro de persoas adultas cantando dúas panxoliñas populares galegas, No pendello Por entre as silveiras.Antes de rematar coa tradicional foto de familia de alumnado e profesorado, o director, Manuel Villar, presentou á nova profesora de piano da Escola Municipal de Música, Tania Vidal.