Rois, un lugar verde, un lugar onde vivir
Este é o lema escollido para promocionar o municipio xa que, efectivamente, a natureza ten unha gran presenza. Para mellor coñecer e sentir estas terras cómpre percorrelas devagar, deixándose levar polo ritmo paseniño que marcan os regatos, as fontes, os camiños, as xentes… nun paraíso plenamente natural.
Está na túa man. Podes preparar un itinerario de acordo cos teus intereses, que te leve a descubrir as paisaxes de Rois, a súa arquitectura e a súa cultura. Tamén podes deixarte guiar polas rutas de sendeirismo acondicionadas ou seguir a roda de ciclistas que abren camiño. E, por que non, relaxarte nunha praia fluvial ou buscar un lugar calmo no que parar, sentir e respirar.