Dende este luns, 13 de maio, están abertas as inscricións gratuítas para unha nova edición da Andaina por Parellas que organiza o Concello de Rois coa colaboración do Colectivo Remonte. Poderán solicitar estas inscricións, ata un máximo de 25, só parellas empadroadas en Rois.
Para gozar desta inscricion de balde, as persoas interesadas terán que cubrir a formulario de inscrición dispoñible nos documentos adxuntos (tamén podes descargalo aquí) e mandala ao departamento de Deportes municipal a inscricions@rois.gal. As inscricións gratuítas outorgaranse por rigorosa orde de solicitude ata esgotar as prazas dispoñibles co luns 27 de maio como data tope.
A Andaina por Parellas Concello de Rois chegará o sábado 1 de xuño á súa décimo sexta edición. Con saída e chegada no pavillón dos Dices, a proba iniciarase ás cinco da tarde e a participación está aberta a persoas de todas as idades coa única condición de que formen parella con outra (sexa amiga, familiar, compañeira…) e poidan andar os 15 quilómetros de percorrido. O itinerario, de dificultade baixa, pasará por Contimundi, Rubieiro, Carrais, O Aido, A Peruca, praia fluvial de Seira, Oín e A Pontenova.
O prazo de inscricións xerais na Andaina por parellas 2024 estará aberto ata o 30 de maio cun prezo de 10 euros por parella nesta ligazón.