Cartel 17 edicion Andaina Bisbarra do Sar para as inscricións gratuítas en Rois

A Andaina Bisbarra do Sar chega o sábado 13 de abril á súa 17ª edición para volver percorrer os concellos de Rois, Padrón e Dodro sobre un circuíto de 50 quilómetros.

A proba, puntuable para a Copa galega de andainas de 50 quilómetros, ofrece a opción de facer tamén o percorrido correndo ou escoller unha distancia menor, xa que está dividida en dous aneis de 32 e 18 quilómetros respectivamente.

O Concello de Rois dispón de 30 prazas gratuítas para persoas empadroadas no noso municipio. As persoas interesadas deberán cubrir o presente formulario facendo constar así mesmo que distancia queren cubrir (50, 32 ou 18 quilómetros) e envialo ao mail inscricions@rois.gal entre o luns 15 de xaneiro e o xoves 29 de febreiro (ou ata esgotar as prazas). As inscricións gratuítas outorgaranse por orde de chegada dos correos electrónicos.

A inscrición xeral pecharase o mércores 12 de abril na páxina oficial da Andaina Bisbarra do Sar. Ata o 1 de febreiro, o custo é de 12 euros para persoas federadas na Federación Galega de Montañismo e de 14 euros para non federados. O importe ascenderá despois a 14 e 16 euros, respectivamente.

Máis información na web da Andaina Bisbarra do Sar ou no Multiúsos de Rois (981 816 061).

O formulario pódese descagar no arquivo adxunto.