O Pleno da Corporación de Rois elixiu na sesión ordinaria de onte ao xuíz de paz do Concello, cargo que seguirá desempeñando Antonio Autrán.
No apartado de rogos e preguntas o alcalde, Ramón Tojo, informou que o Concello volveu sacar a licitación as obras para acondicionar o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Urdilde, unha vez que nos dous procesos anteriores non se presentou ningunha empresa. Tamén informou que para ampliar o cemiterio de Rois o Concello fixera unha cesión de terreos, trala correspondente valoración, para que se puideran acometer as obras.