Galerías

Unha cunca de caldo de gloria con pan de millo

Éxito da degustación de ‘Caldo de gloria’ en Rois con motivo do Día de Rosalía

  • Participaron nove locais de hostalaría do municipio, aos que o alcalde, Ramón Tojo, agradece o “grande esforzo por honrar á figura máis senlleira da literatura galega”
  • O Centro de Día de Urdilde sumouse á proposta introducindo o simbólico prato no seu menú diario
  • O mal tempo obrigou a adiar a ofrenda floral e a andaina para escolares, mentres que segue adiante o concurso en Facebook

Éxito da degustación de ‘Caldo de gloria’ en Rois con motivo do Día de Rosalía Ler máis »

A Asociación de Amas de Casa, triunfadora no concurso de Entroido de Rois que xuntou máis de 200 persoas disfrazadas

  • Gañaron na categoría de comparsa con máis de 13 membros e levaron tamén o I Trofeo ao espírito entroido
  • ‘La Perla Negra’ e ‘Lavandería os amigos’, primeiro premio nas comparsas infantil e adultos con menos de doce membros
  • ‘Moucho’, ‘Arrecife’ e a ‘Fábula do raposo tras a galiña’ foron os mellores disfraces no resto de categorías

A Asociación de Amas de Casa, triunfadora no concurso de Entroido de Rois que xuntou máis de 200 persoas disfrazadas Ler máis »

A Escola de Música de Rois dálle a benvida ao Nadal cun festival que entusiasma ao público

Eh Soom Boo KawayaQue canten los niños, Adeste Fidelis ou Cun sombreiro de palla foron algúns dos temas que onte interpretaron alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois (ESMU) para darlle a benvida ao Nadal nun concerto que entusiasmou ao público que enchía o auditorio municipal. >

A Escola de Música de Rois dálle a benvida ao Nadal cun festival que entusiasma ao público Ler máis »

Rois celebrou o 25N cunha andaina polo respecto e a presentación do libro ‘Eutimia’

  • Ramón Tojo e Mercedes Basante manifestaron o rexeitamento total do Concello contra a violencia machista, “unha lacra que debemos erradicar da sociedade”
  • Representantes das asociacións de mulleres do municipio leron pasaxes da novela de María Aboy e o OCT Chorima fixo unha regueira cunha pasaxe do mesmo
  • O día 14 constitúese a Mesa municipal de coordinación contra a violencia de xénero

Rois celebrou o 25N cunha andaina polo respecto e a presentación do libro ‘Eutimia’ Ler máis »