Juan Martinez

Mateo Ríos e Mario Alfonsín foron o ciclista máis novo e o máis veterano entre as 120 persoas que participaron no Día da Bici de Rois

  • A xornada combinou unha xincana infantil cun percorrido de 11 quilómetros polo municipio para toda a familia
  • O concelleiro Antonio Esparís e o ex ciclista Suso Blanco Villar entregaron os agasallos sorteados entre as persoas participantes

Mateo Ríos e Mario Alfonsín foron o ciclista máis novo e o máis veterano entre as 120 persoas que participaron no Día da Bici de Rois Ler máis »

Rois licita de novo o SAF tras renunciar a empresa adxudicataria ao contrato

  • O Pleno aprobou hoxe as condicións do novo contrato que será por 2 anos máis 1 de prórroga e cun máximo de 25,54 euros/hora
  • O Concello estima o total do servizo en 1,91 millóns de euros para os tres anos
  • Aprobada a desafectación dun treito de camiño público no lugar de Ferreiros
  • O luns de Pascua e o Santo Isidro serán festivos locais en 2027
  • Rois e Teo solicítanlle á Xunta un obradoiro dual de emprego para formar 20 persoas

Rois licita de novo o SAF tras renunciar a empresa adxudicataria ao contrato Ler máis »

O alcalde de Rois reclama máis presenza policial tras o roubo dun quilómetro de cableado do alumeado público dende a AC-301 ata Seira

  • Ramón Tojo denuncia os feitos na Garda Civil e pide unha maior vixilancia “porque veciñanza se sente indefensa”
  • A senda peonil que chega ata Seria quedou a escuras despois de que os vándalos levaran todo o cable, que estaba soterrado

O alcalde de Rois reclama máis presenza policial tras o roubo dun quilómetro de cableado do alumeado público dende a AC-301 ata Seira Ler máis »

A empresa Uniges-3 xestionará o Servizo de Axuda no Fogar de Rois durante dous anos

  • O Pleno da Corporación ratificou hoxe a proposta da mesa de contratación de adxudicar o contrato a única firma admitida no proceso de licitación
  • A empresa cordobesa ofertou un prezo de 23,83 euros a hora, IVE incluído; 100 servizos anuais complementarios de perruquería e 300 de podoloxía
  • Os 398.000 euros do POS+ adicional destinaranse a gasto corrente

A empresa Uniges-3 xestionará o Servizo de Axuda no Fogar de Rois durante dous anos Ler máis »

A Escola de Música de Rois inicia un novo intercambio viaxando ata Piloña, en Asturias

  • O alcalde, Ramón Tojo, despediu hoxe a comitiva formada por alumnado e profesorado da ESMU e que vai acompañada pola concelleira Victoria Quiroga e pola xestora cultural Anayansi Singh
  • Este venres ofrecerán un concerto coa Escuela de Música El Ablanu durante as festas de San Antonio en Infiesto

A Escola de Música de Rois inicia un novo intercambio viaxando ata Piloña, en Asturias Ler máis »