A piscina municipal de Senra abrirá todas as tardes dende o sábado 26 de xuño ata o 30 de agosto
O Concello de Rois dálle a benvida ao verán coa apertura da piscina municipal de Senra este sábado 26 de xuño. A entrada as instalacións será gratuíta.
As instalacións abrirán polas tardes ata o 30 de agosto. O horario durante xuño, xullo e ata o 15 de agosto abrangue dende as 16:00 ata as 21:00 horas. >