Piscina municipal de Senra, en Rois

O Concello de Rois dálle a benvida ao verán coa apertura da piscina municipal de Senra este sábado 26 de xuño. A entrada as instalacións será gratuíta. 

As instalacións abrirán polas tardes ata o 30 de agosto. O horario durante xuño, xullo e ata o 15 de agosto abrangue dende as 16:00 ata as 21:00 horas. Do 16 ao 30 de agosto, a piscina pechará media hora antes, ás 20:30 horas.

Recórdaselle ás persoas usuarias que se seguirán os protocolos e medidas anticovid que impoñan as autoridades sanitarias en cada momento.