25 de xuño de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación obtida polas persoas candidatas aos postos de monitores de ocio e tempo libre para o mes de xullo e agosto de cara ás actividades de conciliación organizadas polo Concello de Rois nos meses do verán 2021.
No documento adxunto pódese consultar a listaxe dos monitores nomeados para traballar no Diververán 2021.
24 de xuño de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación obtida polas persoas candidatas ao posto de director/a no proceso selectivo de persoal de actividades de tempo libre para o programa de conciliación de vida familiar e laboral Diververán 2021.
No documento adxunto pódese consultar o nomeamento da directora do Diververán 2021.
21 de xuño de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de persoal de actividades de tempo libre para o programa de conciliación de vida familiar e laboral Diververán 2021.
Fíxase a entrevista para o xoves 24 de xuño, ás 09.00 horas, no salón de sesión do Concello de Rois. O horario en que debe presentarse cada aspirante figura no documento adxunto
O listado pódese consultar no arquivo adxunto.
15 de xuño de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de persoal de actividades de tempo libre para o programa de cociliación de vida familiar e laboral Diveverán 2021.
O listado pódese consultar no arquivo adxunto.
5 de xuño de 2021
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de persoal de actividades de tempo libre para o programa de cociliación de vida familiar e laboral Diveverán 2021.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases reguladoras, o decreto de alcaldía coa aprobación das bases e os modelos de solicitude de participación para os postos de director ou directora, e de monitores e monitoras de actividades con e sen servizo de amencer.
Contrataranse de xeito temporal, durante os meses de xullo e agosto, un director ou directora, e 22 monitores de ocio e tempo libre para o mes de xullo e catro monitores de ocio e tempo libre para o mes de agosto.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 7 días naturais e remata o luns 14 de xuño (debido a que o día 12 é día inhábil).