A Escola Municipal de Música de Rois volveu colleitar un éxito no Concerto de Primavera. O público que enchía o auditorio municipal aplaudiu con ganas as actuacións das diferentes agrupacións da ESMU, coas que o Concello inaugurou o programa Rois no Camiño das Letras para conmemorar o mes das Letras Galegas.

A Orquestra de Cordas abriu a actuación interpretando Sea Suite antes de que o alumnado máis novo da ESMU, que acude a Música e Movemento, fixera a súa particular versión de El pájaro carpintero.

O Coro Infantil cantou nesta actuación Perro salchica, gordo bachica; Soy capitán e a canción popular Singing all Together. Lucía Pérez ao piano e Elena Domíngeuz ao cello interpretaron Santa Lucía, mentres que o Combo B elixiu para este concerto as coñecidas We Are The Champiosn Moonlight Shadow.Despois de tocar It’s my Lifee Losing my Religion, o concerto rematou con Lucía Rabuñal cantando Lela acompañada polo Combo A, que recolleu unha sonora ovación do público presente no auditorio.