
Mércores, 19 Novembro 2025
Rois acollerá o domingo 21 de decembro o Campionato Galego de Mushing Terra
Noticias Deportes
Martes, 18 Novembro 2025
DiverNadal 2025 abre o prazo de inscrición ata o 10 de decembro
Noticias Educación, Cultura e Xuventude- A proposta de conciliación do Concello de Rois cubre todas as vacacións escolares, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
- A principal novidade deste ano é o pagamento por día; terá un 15% de bonificación a cativada usuaria do campamento completo
- O horario esténdese de 9.30 a 14.00 horas con servizo de amencer dende as 7.30 horas

Xoves, 13 Novembro 2025
O Concello de Rois recordará as víctimas da violencia de xénero con candeas neste 25N
Noticias- Depositará unha en cada negocio local, xunto a material divulgativo sobre o Centro de Información á Muller
- O acto institucional desenvolverase o venres 29 de novembro e rematará coa representación da obra ‘Sen lingua’
- Sinais de STOP violencia de xénero e obradoiros sensibilizarán ao alumnado dos centros educativos

Xoves, 13 Novembro 2025
O III Trail e Andaina Montes de Rois celebrarase o domingo 11 de xaneiro cun percorrido renovado
Noticias- As inscricións abriranse este venres, 14 de novembro, ás 22.00 horas
- A participación no trail longo (20 km) e no trail curto (13 km) está limitada a maiores de idade
- Os menores a partir de oito anos poden facer a andaina e anotarse de balde

Luns, 03 Novembro 2025
O Concello de Rois participa no Programa Integrado de Emprego de Dodro 2025/2026, que ofrece 100 prazas para persoas desempregadas da comarca
Noticias Servizos Sociais- O obxectivo é mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego na comarca mediante accións formativas, orientativas e prácticas
- Ofrece unha bolsa diaria de 10 euros para facilitar a asistencia ás accións formativas

Xoves, 30 Outubro 2025
A convivencia de mulleres terá como destino Asturias e farase a fin de semana do 22 e do 23 de novembro
Noticias- A participación está aberta a todas as veciñas maiores de idade
- As inscricións realizaranse no departamento de Servizos Sociais a partir do xoves 6 de novembro
















