Cartel do IX Mushing Montes de Rois, Campionato Galego de Mushing Terra

O noso municipio volverá citarse co mushing o domingo 21 de decembro na novena edición do IX Mushing Montes de Rois, que este ano acada unha especial relevancia ao converterse no Campionato Galego de Mushing Terra.

A proba reunirá en Rois aos mellores mushers de Galicia, que competirán en tres modalidades: bikejoring, patín e canicross.

O percorrido iniciarase na Peruca e desenvolverase polos montes de Cornes e Seaxe, un trazado ideal para este tipo de competición, combinando seguridade, natureza e esixencia técnica.

O horario da competición é o seguinte:

  • 8.30 h – Control veterinario e entrega de dorsais
  • 9.30 h – Reunión informativa
  • 10.00 h – Saída da primeira persoa participante
  • 13.30 h – Publicación de resultados oficiais
  • 14.00 h – Entrega de premios

As inscricións deberán realizarse a través da páxina web galitiming.com a partir do 4 de decembro.