Xurxo Neo, veciño de Urdilde, gañou esta fin de semana a Copa de España de Trial da categoría Xuvenil B na última cita do campionato, que se organizou en Teruel. Esta Copa contou con 5 probas puntuables, nas que Neo estivo presente en todos os podios.

En Barcelona acadou o segundo posto, igual que na primeira cita en León, tras a que volveu con forza para levarse o primeiro premio. O seu “peor” resultado foi en Andorra, onde conseguiu un 3º posto, mais a última data do calendario deulle o campionato de España ao volver rematar en primeiro lugar nunha axustadísima competición contra Arnau Maura Bardi.

Moitos parabéns Xurxo, agora toca descansar e logo a comezar unha nova e ilusionante tempada.

CLASIFICACIÓN FINAL:

1º clasificado: Xurxo Neo Suárez (Galicia)

2º clasificado: Arnau Maura Bardi (Cataluña)

3º clasificado: Ramón Godino Gómez ( Cataluña)