20191112 cartel campaña invernoA Deputación da Coruña organiza un ano máis unha viaxe á estación invernal de Cabeza de Manzaneda para que a rapazada de 11 a 15 anos (cumplidos a 31 de decembro de 2020) fagan esquí entre os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro de 2020.

O prezo da excursión é de 85 euros por persoa, que inclúen transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A inscrición farase no Concello de Rois ata o 4 de decembro de 2019 entregando a folla que se atopa no díptico dos arquivos adxuntos a esta páxina. Para máis información, visita a páxina web da sección de Deportes da Deputación da Coruña.