O Concello de Rois deu onte un paso máis no camiño cara a accesibilidade universal ao adaptar un colexio electoral con pictogramas e información accesible para todas as persoas, con e sen discapacidade. A asociación AMIPA, a través de Fademga Plena Inclusión Galicia, foi a promotora desta acción que fixo que o local social de Sorribas se convertira en pioneiro na comarca do Sar.

A xornada electoral deste pasado domingo 10 de novembro fixo historia no Concello de Rois ao contar por primeira vez cun colexio adaptado a todas as persoas. Deste xeito, veciños coma Isabel (imaxe) puideron exercer o seu dereito a voto nun local cun pictograma informativo na entrada do edificio, que se complementou con outros gráficos de apoio indicando a situación da mesa electoral, das papeletas, das urnas e das cabinas. O obxectivo desta medida, ademais de camiñar cara a accesibilidade universal, é extenderse a todos os colexios de cara as seguintes citas electorais.