Telefónica vén de confirmarlle oficialmente ao Concello de Rois a entrada en funcionamento da antena de telefonía móbil de Augasantas.
Telefónica informa que a nova estación, denominada Rois Liñares, ten previsto cubrir a estrada AC-301 e mellorar a cobertura das parroquias de Vilachán, Leroño, Sabacedo e Ermedelo tanto con tecnoloxía 3G como con 4G.