24 de xullo de 2024

Faise pública a resolución da alcaldía coa valoración de méritos e entrevista das persoas participantes no proceso de contratación de persoal laboral temporal para cubrir os postos de 2 condutores/as de motobomba, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias da produción.

Convócase para a realización do recoñecemento médico e probas físicas o día 29 de xullo ás 10.30 horas en Más Prevención.

A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto.

12 de xullo de 2024

Faixe pública a listaxe definitiva de persoas admitidas, o nomeamento de tribunal e a fixar a data da entrevista para o proceso de contratación de persoal laboral temporal para cubrir os postos de 2 condutores/as de motobomba, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias da produción.

A entrevistas as persoas candidatas celebrares o 16 de xullo no salón de sesións do Concello de Rois.

A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto

2 de xullo de 2024

Fanse públicas as bases para a contratación de persoal laboral temporal para cubrir os postos de 2 condutores/as de motobomba, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias da produción.

O prazo para presentar as solicitudes, de 5 días hábiles, estará aberto entre o 2 e o 9 de xullo.

Nos documentos adxuntos pódense descargar as bases, o decreto de convocatoria e o formulario de solicitude.