Parte da portada da guía de lectura de Nadal elaborada polas bibliotecas escolares e a municipal

As bibliotecas dos centros educativos de Rois, en coordinación coa biblioteca pública municipal e coa vista posta nestas vacacións, difunden un ano máis entre os escolares e a veciñanza en xeral unha guía con lecturas para este tempo de Nadal.

O propósito de elaborar esta guía é dobre. Trátase, por un lado, de fomentar o hábito da lectura entre os e as escolares, para o que sere realizou unha coidada selección de títulos por niveis educativos. Por outra banda, a guía tamén está pensada para que sirva de referente á hora de seleccionar agasallos para as nenas e nenos.

Dende o Concello quere agradecerse o traballo do profesorado e das responsables das bibliotecas escolares pola súa implicación nesta iniciativa.

Así mesmo, lembramos que o horario de atención da Biblioteca pública municipal durante estas vacacións de Nadal abrangue de luns e venres en horario de 10.00 a 13.30, agás os días 24 e 31. Neses días de Noiteboa e Noitevella, a instalación pechará ás 13.00. Tampouco haberá servizo nos festivos, como é habitual.

Podes descargar a guía de lectura de Nadal no arquivo adxunto.