Xiana Salgueiros Chico, alumna de educación infantil do CEIP O Pumar, é a autora da postal que o Concello de Rois enviará este ano a todas as casas do municipio para felicitar as festas. O xurado do concurso de postais de Nadal decidiu elixir a de Xiana como tarxeta institucional entre as seis que resultaron gañadoras polo seu gran colorido e orixinalidade.
Xiana Salgueiros impúxose entre o alumnado de 4º a 6º de educación infantil. No resto das categorías, resultaron premiadas as postais de Andrea González Vidal (1º-3º educación infantil), da Galiña Azul; Ángel Núñez Forján (1º-2º educación primaria), Paula Baleirón Rosende (3º-4º de primaria) e Uxía Fabeiro Vázquez (5º-6º de primaria), do colexio do Pumar; e Uxía e Breixo Dopazo (diferentes niveis), do CPI Os Dices.
Este martes, 21 de febreiro, varios paxes reais percorreron os centros educativos de Rois para entregarlles os diplomas e os debuxos orixinais a todos os participantes. A data da entrega de premios, prevista para o día 5 de xaneiro coincidindo coa Cabalgata de Reis, queda supeditada á situación epidemiolóxica e as restricións vixentes.