Biblioteca en familia, programa de dinamización da biblioteca e fomento da lectura do Concello de Rois

Co ánimo de facer da biblioteca un espazo dinámico e fomentar a lectura, o departamento de Cultura do Concello de Rois promove Biblioteca en Familia. Este programa permitirá que durante hora e media á semana, as familias con nenas e nenos de ata 10 anos poidan participar xuntas en contacontos, facer manualidades e gozar da música e do baile. A actividade desenvolverase os martes na biblioteca municipal de Rois e os mércores en Urdilde entre as 17.00 e as 18.30 horas.

O prezo da actividade por familia e para todo o curso escolar é de 60 euros. Para apuntarse, hai que mandar un mail a inscricions@rois.gal facendo constar os datos de todos os participantes: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo e teléfono.