O multiúsos de Rois acollerá durante tres venres e tres sábados de novembro e decembro un curso de micoloxía que impartirá o recoñecido experto Jaime Blanco, descubridor de varias novas especies de cogomelos en Galicia nos últimos anos.

O curso desenvolverase os días 19 e 20 de novembro, 26 e 27 de novembro e 3 e 4 de decembro. As sesións terán lugar os venres á noitiña (20.00 a 22.00 horas) e os sábados pola mañá (entre as 10.00 e as 14.00 horas). O prezo do curso é de 30 euros. As persoas que queiran anotarse, deberán enviar un mail cos seus datos ao enderezo inscricións@rois.gal.