A petición do goberno local, o Sergas habilitou unha praza de persoal de servizos xerais no centro de Saúde de Urdilde para mellorar a atención á veciñanza. Para facilitar o desenvolvemento do traballo desta profesional, o Concello de Rois acometeu as obras necesarias para habilitarlle o posto de traballo que se atopa na entrada do edificio, dotándoo dun mostrador, acceso ás redes de datos, telefonía e electricidade.

O alcalde, Ramón Tojo, e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, visitaron esta semana o centro de saúde de Urdilde para ver o resultado destas actuacións e coñecer ao novo persoal que desenvolve o seu traballo. Ademais da traballadora de servizos xerais, ao centro de saúde incorpórase tamén a nova enfermeira titular da praza.

Ramón Tojo e Mercedes Basante puideron comprobar tamén os traballos para cambiar o tellado do edificio, ao que se lle van poñer paneis de aluminio con illante para mellorar a eficiencia enerxética do mesmo. Estas obras tamén son acometidas polo Concello de Rois.

O Sergas tamén habilitou un novo número de teléfono para chamar ao centro e poder solicitar citas: 981 723 302