A interpretación de “Lela”, “Quen puidela namorala” ou “Se chove” acabaron emocionando a máis dun dos presentes, ao que debe engadirse a sorpresa ao escoitar as pandeiretas. A conclusión desta semana de convivencia entre galegos e italianos e a de que estes intercambios fomentan entre a xuventude a conciencia de que pertencemos a un proxecto común que se chama Europa, como coincidiron en sinalar tanto Manuel Cobas, concelleiro de Rois, como Esperanza Mara Filgueira, profesora da ESMU, e Vittore Pecchini, director do Instituto Comprensivo Franca Ongaro. A comitiva inicia o regreso a Galicia a mediodía de hoxe, en autobús ata Milán e, despois, en avión a Santiago.