O obxecto do curso foi achegarlles aos 15 participantes os coñecementos necesarios para coñecer as distintas seccións de froitaría, carnizaría, peixaría e charcutaría. Ademais, como complemento a esta formación xa se impartiu un curso de “Manipulador de Alimentos” de 8 horas de duración. Tamén damos a coñecer que estamos a impartir un curso de “Caixeiro-repoñedor” de 120 horas e estamos colaborando con grandes empresas de distribución de alimentación para incrementar as posibilidades laborais dos participantes.