23 de xuño de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía co nomeamento de monitores e monitoras para as actividades de tempo libre do programa Diververán. 2022 durante os meses de xullo e agosto.
A resolución pode consultarse no documento que figura nesta mesma página
23 de xuño de 2022
Queda publicada a resolución da alcaldía segundo a cal queda designada unha das persoas candidatas para o posto de director/a de actividades de tempo libre para o programa Diververán. O documento pode consultarse nesta mesma páxina:
17 de xuño de 2022
Detectado un erro involuntario na resolución 89/2022 publicada o mércores 15 de xuño, procédese a publicar unha nova resolución de corrección de erros, actualizando dese modo a listaxe de persoas admitidas.
O documento pode consultarse no arquivo a descargar:
15 de xuño de 2022
Faise pública a resolución da Alcaldía que recolle a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo destinado á contratación do persoal para o desenvolvemento do programa de conciliación Diververán 2022, así como o nomeamento do tribunal e os horarios nos que se farán as entrevistas persoais o vindeiro luns 20 de xuño a partir das 13.30 horas no salón de sesións do Concello de Rois.
A resolución pode consultarse en arquivo adxunto.
4 de xuño de 2022
No marco do programa de conciliación de vida familiar e laboral “Diververán” fanse públicas as bases reguladoras para a contratación dun (1) director/a de actividades de tempo libre e catorce (14) monitores/as de actividades de tempo libre, dous (2) deles para o servizo Amencer.
As persoas interesadas en formar parte deste proceso selectivo deberán facelo mediante instancia dirixida ao señor alcalde conforme ao Anexo I (director/a), Anexo II (monitor/a con servizo Amencer) ou Anexo III (monitor/a) nun prazo de sete días naturais desde a publicación desta oferta.
As bases, así como os distintos anexos, poden ser descargados nesta mesma páxina.