Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois e da Escola Comprensiva Franca Ongaro e do Liceo Musical de Venecia ofrecerán mañá un concerto conxunto no pazo do Faramello a partir das sete da tarde aberto a todo o público interesado.
Con esta actuación poñerán fin a dúas intensas semanas de intercambio musical e cultural. Na primeira delas, alumnado, profesorado e familias de Rois puideron coñecer Venecia, o sistema educativo e como aprenden música a xuventude italiana. Dende o pasado venres, a comitiva italiana, formada por 25 alumnos e 6 profesores, estiveron pecorrendo diferentes localidades galegas para coñecer a nosa cultura e paisaxe. A xornada de hoxe adicaron a visitar A Coruña. Estiveron no conservatorio, Torre de Hércules, castelo de Santo Antón e zona vella da cidade, entre outros puntos.
Superada a indisposición do pasado domingo dalgúns dos alumnos italianos, todos está xa preparado para a gran actuación desta noite.
Despois do concerto, ao igual que ocorreu en Venecia, os mozos participantes, as súas familias, profesorado e a comitiva italiana participarán nunha cea intercultural no propio pazo do Faramello, na que degustarán produtos dos dous países.