A Volta a Galicia pasará o sábado 22 de setembro por Rois, un municipio con gran tradición ciclista. Para celebralo, O Concello convida á veciñanza a saír á rúa para animar aos corredores. O pelotón pasará fronte á Casa do Concello de Rois entre as 14.50 e ás 15.10 horas.
O paso da competición por Rois coincide coa celebración do Día da Bicicleta, que abre as inscricións ás 15.30 horas.
Dáse tamén a circunstancia de que esta edición da Volta a Galicia de categorías elite e sub23 homenaxea ao veciño de Rois, ex corredor e director do C.C. Padronés Cortizo-Anova, Suso Blanco Villar; e nela participa o ciclista do equipo navarro Lizarte Martín Bouzas, tamén de Rois.