Está dirixido ao alumnado a partir de 4º de Infantil e desenvolverase en seis quendas entre o 22 de xuño e o 8 de setembro tanto en Rois como en Urdilde
O prezo para as quendas de xullo e agosto, de 15 días cada unha, é de 60 euros (100 € mes completo); a primeira quenda do 22 ao 30 de xuño custará 40 € e a última do 1 ao 18 de setembro, 35 €
Haberá bonificacións para familias numerosas, monoparentais e segundo irmá ou irmán e tamén servizo de amencer
As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición e facer o pagamento para reservar a praza na data límite