Juan Martinez

O Concello de Rois homenaxeará polo Santo Isidro ás persoas centenarias e a familia da farmacia Juana María Sosa Ron

  • Haberá tamén un recoñecemento ao persoal dos centros médicos do municipio durante o xantar popular do día 15
  • As persoas interesadas en asistir teñen ata o xoves 11 para retirar as invitacións
  • Pola tarde haberá xogos e actividades para todas as idades
O martes 16 as orquestras Panorama e Charleston Big Band amenizarán a gran verbena

O Concello de Rois abre as inscricións do programa de conciliación Diververán ata o 24 de maio

  •  
  • Está dirixido ao alumnado a partir de 4º de Infantil e desenvolverase en seis quendas entre o 22 de xuño e o 8 de setembro tanto en Rois como en Urdilde
  • O prezo para as quendas de xullo e agosto, de 15 días cada unha, é de 60 euros (100 € mes completo); a primeira quenda do 22 ao 30 de xuño custará 40 € e a última do 1 ao 18 de setembro, 35 €
  • Haberá bonificacións para familias numerosas, monoparentais e segundo irmá ou irmán e tamén servizo de amencer
  • As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición e facer o pagamento para reservar a praza na data límite

A moza María Losada presenta en Rois o seu primeiro libro, que narra as vivencias de cinco mozos e mozas galegas con autismo

  • “Para min foi un libro terapéutico. É coma se tivese un fillo” di a autora da Peruca de 21 anos diagnosticada de Asperger cando tiña 18
  • Tardou dous meses en escribilo e está publicado por Universo das Letras, do Grupo Planeta
  • Para o alcalde, Ramón Tojo, “contarnos a túa experiencia con TEA é un acto de xenerosidade e de enorme valentía”
  • O Concello de Rois quixo celebrar con este acto o Día Internacional do Libro e o Día Mundial do Autismo