O Pleno do Concello de Rois aprobou onte a conta xeral de 2021 cos votos do equipo de goberno, despois de que o voceiro socialista abandonase o salón de plenos argumentando que non estaba xustificada a urxencia da sesión.
O alcalde, Ramón Tojo, asegurou que a actitude do voceiro socialista, Manuel Regueira, denota falta de interese, por abandonar o pleno, e reiterou que a convocatoria cumpre con todos os requisitos legais. Regueira foi o único concelleiro da oposición que acudiu ao pleno, aínda que abandonou a sesión antes da votación.A conta xeral de 2021 foi aprobada cos sete votos a favor dos concelleiros populares do equipo de goberno.